Comunidade de Cristo

A Comunidade de Cristo, antes coñecida como a Igrexa Reorganizada de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días ou RLDS. Con sede en Independence, Missouri, a fe comparte as súas orixes coa Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días (a igrexa mormoa).

Amorno da Comunidade de Cristo en Independence, Missouri, USA. Dedicado en 1994

A historia das dúas máis grandes denominacións comeza a separarse coa morte do fundador, Joseph Smith, o 27 de xuño de 1844 en Carthage, Illinois. Os historiadores ás veces refírense á rama do Medio Oeste do movemento como os "Santos da Pradeira" ou "Xosefitas" e aos do Oeste (Utah) como os "Santos das Montañas Rochosas" ou "Brighamitas".

A Comunidade de Cristo ten hoxe aproximadamente 250.000 membros en 50 países. A igrexa posúe dous templos, o orixinal de Kirtland, en Ohio (un sitio histórico, parte do seu ministerio educativo) e o relativamente novo Templo de Independence, Missouri, que serve de sede mundial da Igrexa. A Igrexa xestiona a Universidade Graceland, con instalacións educativas en Lamoni (estado de Iowa) e en Independence (estado de Missouri). A Igrexa ademais posúe e xestiona sitios históricos no que foi o Vello Oeste en Missouri), Lamoni (estado de Iowa) e en Plano, e Nauvoo (en Illinois).

A Comunidade de Cristo está dirixida por unha primeira presidencia, que consta dun profeta-presidente e dous conselleiros. O ministerio da igrexa é supervisado polo Concilio dos Doce Apóstolos e coordinado a traves do mundo polos Quórums de Setentas, e as necesidades temporais da igrexa son administradas polo bispado presidente. Reunidos, estes quórums coñécense como o Concilio Conxunto. Cada dous anos, delegados de todo o mundo reúnense para votar sobre os asuntos da igrexa na Conferencia Mundial.

Durante as últimas décadas a igrexa progresou na súa misión, dedicándose a promover a tolerancia e redifiníndose como unha igrexa de "paz e xustiza". Algúns cambios inclúen a ordenación de mulleres ao sacerdocio (a través dunha revelación recibida polo pPresidente Wallace B. Smith en 1984) e o cambio de nome público da igrexa.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy